miércoles, 23 de mayo de 2012

OS NOSOS DEPORTISTAS

 Nos últimos días os alumnos do CEIP Albeiros estiveron acadando varios éxitos a nivel deportivo.

Os de natación lograron co seu equipo a maior parte das medallas do trofeo Cidade de Lugo celebrado no Club Fluvial, no trofeo do Lérez, e campións por equipos da Liga galega. PARABENS para todo o equipo e en especial para os nosos: Antía, Clara, Andrea e Carlos Gabriel.


Noraboa aos alumnos  do equipo de balonmán polos seus éxitos neste deporte, que  nos deixaron no colexio estes trofeos:
  • os da categoria benxamín  lograron a 2ª  posición 












































































































































































































































































































































  • os da categoría alevín a 4ª posición nesta tempada

viernes, 4 de mayo de 2012

HICKORY DICKORY DOCK

http://www.youtube.com/watch?feature=player_popout&v=HGgsklW-mtg
Este é un enlace para ver un video dunha Nursery Rhyme que lles gustou aos máis pequenos:
HICKORY DICKORY DOCK

THE SPRING IS HERE

A primavera chegou e con ela tamén a choiva que coma sempre  axudará a avivar esa explosión de cores que sempre nos brinda a natureza, a volta das follas as árbores, flores por todos os lados, pequenos e coloridos animais (xoaniñas, abellas, volvoretas,...) e arcos da vella.
Aquí  tedes unha visión de que os nenos de 5 anos teñen da primavera



miércoles, 25 de abril de 2012

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

Como todos sabemos o pasado día 23 de abril foi o día internacional do libro e no noso colexio para celebralo fixemos unha lectura dun libro que fixeron entre tod@s nas distintas clases e algúns elaborados por alumn@s personalmente.
Por un lado leron catro Iria, Brais, Hugo e Ainhoa de 5 anos leron o conto da súa clase " La casa encantada", Aroa de 2º fixo os honores de lernos "Ángela" escrito por Laura (porque está non estaba), logo Alejandro de 4º un que fixo el individualmente "A dimensión alternativa", e por último Andrés de 6º fixo a lectura de "Blas, o que toca jazz" feito pol@s alumnos da súa clase.
Hai máis contos no libro pero para non empachar iranse lendo nas aulas pouco a pouco.

martes, 10 de abril de 2012

O HORTO DE INFANTIL

Este é  o horto que están facendo os nosos nenos de infantil con Andrea a profesora que lle  axuda co horto, o día da foto aínda non estaba estaba todo plantado, pero a día de hoxe xa está todo máis vizoso grazas a chuvía.
Aquí teñen plantado cebolas, allos, guisantes e repolos (segundo a información que me deu Nicolás de 3 anos). 

BURBULLA ESTÁ DE MODA


 Despois dun esforzo por parte de todos os alumn@s para deseñarlle un amplo vestuario a Burbulla.
Neste caso loce un vestido moi primaveral, deseñado por Alejandra de 4º que foi o elexido entre todos. A profesora Dolores foi a encargada de confecionar o modelo.
Alejandra foi gratificada cun broche replica de Burbulla co seu deseño.


Tamén me gustaria darlle as grazas a Paula de 6º  porque foi a creadora de Burbulla , que moito xogo nos deu.