miércoles, 25 de abril de 2012

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

Como todos sabemos o pasado día 23 de abril foi o día internacional do libro e no noso colexio para celebralo fixemos unha lectura dun libro que fixeron entre tod@s nas distintas clases e algúns elaborados por alumn@s personalmente.
Por un lado leron catro Iria, Brais, Hugo e Ainhoa de 5 anos leron o conto da súa clase " La casa encantada", Aroa de 2º fixo os honores de lernos "Ángela" escrito por Laura (porque está non estaba), logo Alejandro de 4º un que fixo el individualmente "A dimensión alternativa", e por último Andrés de 6º fixo a lectura de "Blas, o que toca jazz" feito pol@s alumnos da súa clase.
Hai máis contos no libro pero para non empachar iranse lendo nas aulas pouco a pouco.

martes, 10 de abril de 2012

O HORTO DE INFANTIL

Este é  o horto que están facendo os nosos nenos de infantil con Andrea a profesora que lle  axuda co horto, o día da foto aínda non estaba estaba todo plantado, pero a día de hoxe xa está todo máis vizoso grazas a chuvía.
Aquí teñen plantado cebolas, allos, guisantes e repolos (segundo a información que me deu Nicolás de 3 anos). 

BURBULLA ESTÁ DE MODA


 Despois dun esforzo por parte de todos os alumn@s para deseñarlle un amplo vestuario a Burbulla.
Neste caso loce un vestido moi primaveral, deseñado por Alejandra de 4º que foi o elexido entre todos. A profesora Dolores foi a encargada de confecionar o modelo.
Alejandra foi gratificada cun broche replica de Burbulla co seu deseño.


Tamén me gustaria darlle as grazas a Paula de 6º  porque foi a creadora de Burbulla , que moito xogo nos deu.