lunes, 30 de enero de 2012

DÍA DE LA PAZ

Como sabemos todos hoxe día 30 de xaneiro celébrase o "Día da Paz", polo aquí no colexio tamén o celebramos.
É difícil que poidamos evitar as guerras e as inxustizas, pero entre todos debemos tratar de ser o máis felices posibles e facer felices aos demais, e ter como obxetivo para todos os días do ano o de tratar aos demais como nos gustaría que nos tratasen a nós, cambiar os empurróns e golpes por abrazos, as palabras ofensivas por palabras amables,...


Este ano todos os nen@s do colexio elaboraron uns barquiños de papel cun neno que quere levar a paz en forma de flor a todos os nen@s do mundo. Antes do recreo xuntámonos todos para cantar a canción que levaban unas días ensaiando: " Barquito de papel mi amigo fiel, llévame a navegar por el ancho mar, quiero conocer a niños de aquí y de allá, y a todos llevar mi flor de amistad, abajo la guerra arriba la paz, los niños queremos reír y cantar..."
Feliz día da PAZ a todos.

miércoles, 25 de enero de 2012

"El niño tirano no nace"

Este título dun artigo aparecido en "Padres y colegios " nº 64 , chamou a miña atención  e gustaríame facer  unha breve referencia a el.
Nese artigo sinálase que cando educamos sen límites moitas veces leva consigo a aparición do neno tirano ou emperador . Sinala o autor que cada vez son máis os casos que se dan de menores maltratadores.
A ausencia de normas dentro da familia, sen límites, fai que os nenos  so pensen que teñen dereitos pero non deberes, co que a desobediencia e comportamento agresivo cos pais e nais é o máis normal.
García aguado recomenda " non ser brando cos fillos. Amalos moito e ter moita paciencia pero tamén actuar con autoridade...."
Podíase dicir moito máis pero vou deixar un lugar para a propia reflexión.
  

sábado, 21 de enero de 2012

ALMORZOS SAUDABLES E O CONSELLEIRO

Hoxe foi un día algo diferente:

Pola mañá os alumn@s de 1º,2º,3º de E. Primaria puideron participar e disfrutar dos "Almorzos Saudables", non  so disfrutaron  dun bo almorzo, que fame si que tiñan, senón que ademais tiveron a oportunidade de coñecer a importancia desta comida na nosa dieta e  do variada debe ser.

Máis tarde case a última hora, puidemos contar coa presenza  do conselleiro de Educación, D. Jesús Vázquez Abad, que visitou as instalacións do noso centro e en concreto a nosa aula.

Un día moi interesante.

miércoles, 18 de enero de 2012

ACTIVIDADES ON-LINE

Aquí vos quedan algunhas actividades para facer on-line se vos apetece o se queredes repasar :
1º:   http://www.angles365.com/classroom/c12food.htm

2º:   http://www.angles365.com/classroom/c12animals.htm

3º: http://www.juntadeandalucia.es/averroes/centros-tic/41009470/helvia/aula/archivos/repositorio/0/60/html/findout.swf

4º:  http://www.juntadeandalucia.es/averroes/centros-tic/41009470/helvia/aula/archivos/repositorio/0/73/html/files/findout.swf
 A  MASCOTA DA BIBLIOTECA




Moitas grazas a tod@s pola vosa participación.






Os vosos traballos están expostos na entrada do centro dende o xoves pasado




Onte todos os cursos (agás os de 3 e 4anos) pasastedes pola exposición para votar ao que máis vos gustase..

Os resultados estarán expostos na entrada para que  os poidades ver.















Tamén se dará a coñecer o traballo gañador.






Aínda que os gañadores sodes todos os que participastedes ,  por darlle renda solta a vosa  imaxinación.


NORABOA A TODOS!!!!

viernes, 13 de enero de 2012

Old Macdonald had a farm


Esta é unha canción tradicional inglesa relacionada cos animais da granxa.
espero que vos guste.

martes, 10 de enero de 2012

FELIZ ANINOVO

Benvidos amigos,
Xa se acabaron as vacacións e agora toca traballar, ánimos e a dalo todo.