miércoles, 25 de abril de 2012

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

Como todos sabemos o pasado día 23 de abril foi o día internacional do libro e no noso colexio para celebralo fixemos unha lectura dun libro que fixeron entre tod@s nas distintas clases e algúns elaborados por alumn@s personalmente.
Por un lado leron catro Iria, Brais, Hugo e Ainhoa de 5 anos leron o conto da súa clase " La casa encantada", Aroa de 2º fixo os honores de lernos "Ángela" escrito por Laura (porque está non estaba), logo Alejandro de 4º un que fixo el individualmente "A dimensión alternativa", e por último Andrés de 6º fixo a lectura de "Blas, o que toca jazz" feito pol@s alumnos da súa clase.
Hai máis contos no libro pero para non empachar iranse lendo nas aulas pouco a pouco.

No hay comentarios:

Publicar un comentario