miércoles, 29 de febrero de 2012

A MASCOTA DA BIBLIOTECA

Como xa sabedes xa temos mascota da biblioteca, que foi elexida por todos os alumn@s do cole, e de feito que é ben bonita e tanto gustou que propuxemos deseñarlle algúns modelos. A iniciativa foi seguida masivamente  por tod@s  e case pode competir coa Barbie porque ten modelos para lucir en todas as ocasións.
Para que teñades unha idea deixovos unha mostra destes fantásticos deseñadores.
Hai propostas para todos os gustos e para todas as ocasións:  pixamas, monos axustadiños con moito colorido, vestidos variados (con trasparencias, drapeados,...), traxes con garavata ou con lazo, pantalóns con tirantes moi combinados coas camisetas, equipación de fútbol, mallas de balet, roupa informal e deportiva, complementos varios (sombreiros , abanos, gafas,...),..., en fin todo un derroche de imaxinación para a nosa amiga, que podedes descubrir na exposición que hai na entrada do cole.  

martes, 14 de febrero de 2012

O ENTROIDO

 entroido  tamén chegou a Albeiros



 Para este entroido imos seguir estes mandados :

O luns:

levaremos a cabeza cuberta con gorra ou sombreiro,
perruca ou pano
con e con  xeito.

 O martes:

gravata traeremos
coma  a xente importante
que nós non somos menos.
O Mércores:

virás con mantelo ou mandil
co que as nosas avoas adoitaban saír
e un lazo atado detrás.

 O xoves:

Os ombros cubertos traerás
con pano de flores ou mantón de lá,
busca pola casa que algo atoparás
sexa vello ou novo , guap@ estarás!




                                                          E o venres:


Xunta todas as pezas 
que ao longo da semana fomos carretando .
Bailaremos xuntos e non rifaremos, 
neste entroido tolo que ben o pasaremos! 




Pasádeo ben e disfrutade!!!

lunes, 6 de febrero de 2012

OS NOS@S DEPORTISTAS

Os meus parabéns para @s nadador@s do noso colexio que tiveron unha competición esta fin de semana: Antía , Clara, Andrea e Gabriel. Ánimo e a seguir así, porque o deporte é moi importante para as vosas vidas, ben coñecido é o dito de cultivar corpo e mente.

miércoles, 1 de febrero de 2012

A VERY HUNGRY CATERPILLAR

Deixo este vídeo basesado no moi coñecido  obra de ERIC CARLE, é interesante para os nenos de infantil e 1ºciclo de primaria.

lunes, 30 de enero de 2012

DÍA DE LA PAZ

Como sabemos todos hoxe día 30 de xaneiro celébrase o "Día da Paz", polo aquí no colexio tamén o celebramos.
É difícil que poidamos evitar as guerras e as inxustizas, pero entre todos debemos tratar de ser o máis felices posibles e facer felices aos demais, e ter como obxetivo para todos os días do ano o de tratar aos demais como nos gustaría que nos tratasen a nós, cambiar os empurróns e golpes por abrazos, as palabras ofensivas por palabras amables,...


Este ano todos os nen@s do colexio elaboraron uns barquiños de papel cun neno que quere levar a paz en forma de flor a todos os nen@s do mundo. Antes do recreo xuntámonos todos para cantar a canción que levaban unas días ensaiando: " Barquito de papel mi amigo fiel, llévame a navegar por el ancho mar, quiero conocer a niños de aquí y de allá, y a todos llevar mi flor de amistad, abajo la guerra arriba la paz, los niños queremos reír y cantar..."
Feliz día da PAZ a todos.

miércoles, 25 de enero de 2012

"El niño tirano no nace"

Este título dun artigo aparecido en "Padres y colegios " nº 64 , chamou a miña atención  e gustaríame facer  unha breve referencia a el.
Nese artigo sinálase que cando educamos sen límites moitas veces leva consigo a aparición do neno tirano ou emperador . Sinala o autor que cada vez son máis os casos que se dan de menores maltratadores.
A ausencia de normas dentro da familia, sen límites, fai que os nenos  so pensen que teñen dereitos pero non deberes, co que a desobediencia e comportamento agresivo cos pais e nais é o máis normal.
García aguado recomenda " non ser brando cos fillos. Amalos moito e ter moita paciencia pero tamén actuar con autoridade...."
Podíase dicir moito máis pero vou deixar un lugar para a propia reflexión.
  

sábado, 21 de enero de 2012

ALMORZOS SAUDABLES E O CONSELLEIRO

Hoxe foi un día algo diferente:

Pola mañá os alumn@s de 1º,2º,3º de E. Primaria puideron participar e disfrutar dos "Almorzos Saudables", non  so disfrutaron  dun bo almorzo, que fame si que tiñan, senón que ademais tiveron a oportunidade de coñecer a importancia desta comida na nosa dieta e  do variada debe ser.

Máis tarde case a última hora, puidemos contar coa presenza  do conselleiro de Educación, D. Jesús Vázquez Abad, que visitou as instalacións do noso centro e en concreto a nosa aula.

Un día moi interesante.