O meu máis profundo agradecemento
a cada un dos membros
que compoñen esta comunidade educativa:
o claustro de profesores con Manolito á cabeza,
os nenos e nenas,
os seus pais e nais e
as señoras da limpeza;
porque sen coñecerme de nada
fixeronme sentir cada día coma na miña casa.
Aínda que dese lingua estranxeira nunca me sentise estranxeira,
se non unha máis,
que sen faceren nada especial,
senon seren eles mesmos
fixeron que me sentise moi a gusto.
Na miña memoria quedan todos eses xestos,
ese maravilloso sentido do humor,
...
e como non os sorrisos inocentes e verdadeiros que @s nen@s que cada día me brindaban
e me aledaban tanto.
E para que conste en acta e surta os efectos oportunos, propoño a seguinte suxerencia
" Seguide sempre así,
con bo humor e boa calidade humana,
e repetide este comportamento
con todas as persoas novas que pasen por aquí"
Mil bicos para todos
No hay comentarios:
Publicar un comentario